Turismo inclusivo na Ribeira Sacra
Proxecto ligado ao Xacobeo 2021, o seu obxectivo é deseñar novas propostas turísticas con enfoques inclusivos e de xénero para a zona da Ribeira Sacra.
¿Cales eran as necesidades de Turismo inclusivo na Ribeira Sacra?
O proxecto tiña dúas necesidades claras no eido da comunicación. Por unha banda un responsable de comunicación que dese cobertura ás actividades cara á prensa e un community manager que mantese vivo o proxecto nos meses en que non existían eventos e o equipo de traballo se adicaba a preparación de materiais formativos e divulgativos.
¿Cómo se resolveu a súa solicitude de servizos?
No eido da comunicación, fixéronse varias notas de prensa para achegar as actividades ao público en xeral. Tanto a rolda de prensa de presentación coma as posteriores que deron conta das xornadas formativas tiveron boa repercusión na prensa galega, nas edición adicadas á Ribeira Sacra.
No eido das redes sociais, déronse de alta perfís en facebook, Instagram, Twitter e Youtube.
Semanalmente se daban conta das actividades do proxecto. En forma de pequeñas píldoras tamén se transmitiron as ponencias das xornadas formativas e ao longo dos meses tiveron protagonismo os distintos eixos culturais citados na memoria do proxecto: Patrimonio, historia, camino de Santiago, etc.
A estratexia de vídeo foi importante de dous xeitos:
- Na videoteca de facebook e na IGTV, Para dar boa conta da información das xornadas, incluindo entrevistas con ponentes e participantes.
- Coma repositorio de vídeos formativos, con acceso restrinxido, só para os participantes das xornadas formativas.